viernes, 24 de abril de 2015

RESUMO

Este é un pequeno resumo da miña vida. Vida só hai unha e estou moi canso de deixala pasar, e non vivila. Estou canso de aguantar a quen non me apetece aguantar, e sorrir a quen non o merece o máis mínimo. Estou canso de agocharme, de levar unha dobre vida en certos círculos. Estou canso de esconder que cando tiña 8 anos sufrín abusos sexuais, de esconder que durante o colexio e o instituto sufrín mobbing. Canso de aguantar a unha vella mal chamada "avoa" que o único que fixo pola nosa familia foi causar sufrimento. Todo isto que resumín supoño que formou parte da persoa que son hoxe en día, xunto cos consellos case sempre acertados de meus pais. Os cales sempre me inculcaron os valores de humildade, honestidade e bondade dos que me sinto orgulloso. Grazas mamá, grazas papá, grazas madriña! 
Estou canso de que últimamente a morte se cebe coa xente que quero, comezando polo meu adorado e santo pai. Estou canso de culparme e autocastigarme por cousas das que non teño ningunha culpa. Por que a mesma morte me esta a ensinar q temos os días contados, que en calquera momento ven a buscarnos e sen aviso previo.
Así que creo que chegou o momento de deixar uns puntos claros, de empezar un cambio, que non sei a onde me levará pero que non vou demorar máis. 
Empezo facendo unha declaración que meus pais xa sabían pero meu irmán non. Son Juan teño 38 anos e son gay. Orgulloso de selo. Neste momento venme a cabeza o q me dixo meu pai o dia q llo dixen: "pensei que era algo máis grave". Papá, só por iso mereces estar no ceo! Quérote! 
Sigo facendo unha declaración de intencións... 
Vou procurar coidarme a min mesmo, a miña familia xa o fago por descontado e fareino sempre.
Vou buscar a miña propia felicidade, da maneira que sexa e coa persoa que sexa.
Vou deixar de hipocresías e de bailarlle a auga a que non mo merece. E coidar máis dos amigos que me aportan cousas positivas. 
Non penso esconder nada do que sinto por ninguén, asi que mamá, meu irmán, espero que algún día me preguntedes pola miña situación sentimental. 
E para rematar, levo 38 anos da miña vida vividos, parte deles perdidos, por medos, por traumas que xa están superados grazas a axuda das miñas psiquiatra e psicólogas. E non estou disposto a perder máis o tempo! Que xa está ben!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario